Canto de liberación歌词由演唱,出自专辑《Canto de liberación》,下面是《Canto de liberación》完整版歌词!
Canto de liberación歌词完整版
Que berren as histéricas, que canten o silencio
De tantos anos de dores, que agora reinvindicamos aquí coma as nosas maiores armas
Roendo a malicia do mundo co noso ruído
Coas voces rasgadas de tanto apretalas, de tanto apagalas, pero xa non
Cantaremos forte ese noso himno que fai lembrar
Que contaxia a vontade de espertar naquelas irmás aínda acostumadas a enmudecer
E da afonía, fervenzas
Ríos das nosas penas que inunden a matria do planeta
Aquela nai que nos acuna leda chamándonos de volta á vida, sagradas gorxas unidas
Erguendo o batallón da sabiduría
Fértil terra rexurdida
Desafiando a orde establecida
Porque das nosas bágoas, bálsamos cicatrizantes
Dos nosos peitos, regueiros de cores
E do noso medo, unha nova canción
Grita forte conmigo
Que sacuda as memorias dos corpos das que aínda permanecen caladas
Grita forte conmigo, dende o profundo do teu ventre
Anunciando a maxia esfervescente dunha nova esperanza
Grita forte conmigo, que así estás moito máis linda, brava, incendiaria, única, viva
Este é o noso canto de menciñeiras
Este é o noso canto de labregas
Este é o noso canto de meigas
Este é o noso canto de liberación