Longo Camio de Desaprendizaxe歌词由Sangre De Muerdago演唱,出自专辑《Pest Productions Promo 2014 Part.I》,下面是《Longo Camio de Desaprendizaxe》完整版歌词!
Longo Camio de Desaprendizaxe歌词完整版
eu quixérame perder no mundo das pedras que falan entre elas,
e ficar o seu carón.
eu quixera viaxar coas águias das montañas
e voar eternamente,
pois eu xa non sinto nada.
eu quixera retornar ó tempo en que era neno,
e perderme nos bosques para non me contaminar.
mais quixérame sumerxir coas sireas nos mares
e aprender as melodias da liberdade.
eu quixérame fundir na fragua do ferreiro,
e tornarme nun coitelo,
e xustiza facer.
mais ainda que asi fose a escuridade caeu,
e todo cubriu,
eu xa non sinto nada.
mais a lúa guiarame nos camiños escuros,
levarame de volta o útero materno.
e ali lembrarei a pureza esquecida,
afogada e asolagada por homes e mulleres.